Merca entradas Ponteatro «Continente María» de A quinta do Cuadrante Pontevedra .
Esta montaxe -que coincide co 100º aniversario do seu nacemento- pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.
Unha rutilante Melania Cruz, preséntanos á protagonista como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional en base ás súas vivencias, pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entendernos mellor como seres humanos creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos, as exiliadas eran as galegas que defendían a democracia.
Texto: Marianella Monre
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich
Duración: 70 minutos.
Mercar entradas Ponteatro «Continente María» de A quinta do Cuadrante Pontevedra .