VI PREMIO LUÍSA VILLALTA 2024 a proxectos pola Igualdade
A Historia Vaxenial é unha comedia sobre o corpo das mulleres que con humor, ironía e unha chea de movidas históricas, trata temazos que fixeron suar tinta e sangue á metade da humanidade. Unha obra teatral que rescata do esquecemento o dramón feminino por antonomasia para devolvelo ao centro da escena e convertelo nunha comedia que devolve o riso aos corpos das mulleres.
Despois do enorme éxito nacional e internacional da serie “Animal” de Netflix, Raquel Nogueira presenta unha obra teatral que aborda cuestións como a relixión, o medicamento, a histeria ou a violencia obstétrica, explorando como estas áreas influíron na representación e o control dos corpos das mulleres ao longo da historia.
A Historia Vagenial ten a súa orixe na serie Historias Vageniales, creada por Raquel Nogueira e galardoada cun premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. O entusiasmo do público (a serie fíxose viral e acumula millóns de reproducións) e o recoñecemento da Deputación da Coruña co Premio Luisa Villalta a Proxectos pola Igualdade impulsaron a creación deste espectáculo cheo do mesmo humor e ironía que conquistaron as redes sociais.
ESTREA: 6-2-2026
Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
Xira 2026
6/2 Teatro Rosalía de Castro · A Coruña
6/3 Teatro Principal · Santiago de Compostela
7/3 Auditorio Municipal · Vigo
12/3 Ed. Multiusos · Monforte de Lemos
22/3 Auditorio Municipal · Salceda de Caselas
…
12/4 Teatros Luchana · Madrid
19/4 Teatros Luchana · Madrid
26/4 Teatros Luchana · Madrid
3/5 Teatros Luchana · Madrid
– A peza está interpretada e coescrita por Raquel Nogueira, unha das cómicas máis versátiles da súa xeración.
– Dirixida e co-escrita por Iván Marcos gañador do Premio Fringe First no Festival de Edimburgo, o Premio Jerwood Foundation, Premio Mestre Mateo, Premio María Casares e actor protagonista de varias películas e producións de Netflix.
– A peza conta coa asesoría de Miguel García Fernández, historiador especializado en Historia Medieval e Historia Moderna e sumo investigador da historia social das mulleres.
• DIRECCIÓN: Iván Marcos
• INTÉRPRETE: Raquel Nogueira
• TEXTO: Iván Marcos & Raquel Nogueira
• ASESORÍA HISTÓRICA: Miguel García Fernández
• VESTIARIO: Uxía Vaello