Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller.
Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do pasado nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico.
Un cóctel de humor e amor, no que as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretan, cantan e bailan para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.
Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.
(Versos do poema «Penélope», de Xohana Torres)
PAULA CARBALLEIRA · Dirección
INTÉRPRETES Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Caterina Barro, Carmen Cotelo
ANDRÉS PAZOS · Espazo sonoro e arranxos musicais
DIRECCIÓN PROCESO CREACIÓN COLECTIVA E PRODUCIÓN: Helga Méndez (Maquinarias Teatro)
DRAMATURXIA ORIXINAL, CARACTERIZACIÓN, ESPAZO ESCÉNICO:
Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Caterina Barro, Carmen Cotelo
XASTRA: Julia Momán
VÍDEOS DISTRIBUCIÓN: Catu Martínez Vídeo (Teaser), e Iris Producións (Obra completa)
FOTOS DISTRIBUCIÓN: Carmen Pardo Photo
DESEÑO ILUMINACIÓN: Grupo Creativo RTA (Diego Vilar)
COBERTURA TÉCNICA: RTA
Maquinarias Teatro é unha compañía galega de Teatro Social con máis de 20 anos de experiencia na dirección e creación de espectáculos e na docencia en obradoiros de Artes Escénicas.
Non entende a Arte sen compromiso e traballa dende a memoria colectiva para poñer en valor a necesidade da escoita e dos afectos, e para observar con ollo crítico a sociedade que nos toca vivir.
Para tecer comunidade con amor e con humor. A compañía conta nesta ocasión cun elenco de mulleres da comarca de Ferrolterra e da Coruña, grandes traballadoras da escena e tecedoras de comunidade artística en feminino.
Non é a primeira vez que Maquinarias Teatro viaxa con algunhas delas…
Neste proxecto embarcámonos todas con ganas de dar guerra, e de falar da situación da Muller na Arte con sentido… e sensibilidade: «RHUMOROSAMENTE».