Inicio » Teatro » DANDO A TURRA

DANDO A TURRA

Desde a creación da canle de Disney ata os bailes de Tik Tok. As cómicas Belén Puime e Uxía Vázquez, analizan os primeiros 20 anos dos 2000 a través dos referentes audiovisuais que «criaron» aos Millenials e Z’s.

Un discurso de humor que reflicte a toda unha xeración a partir das series, cancións, debuxos animados, memes… que as acompañaron ao longo da súa vida. Desde a infancia coa chegada do novo milenio ata a madurez eclipsada por unha pandemia.



PENDENTE DE ESTREA

Belén Puime e Uxía Vázquez, fan un percorrido cheo de humor mostrando e reflexionado sobre todos eses materiais audiovisuais que nos formaron como sociedade. Desde crecer en casa escoitando a Ana Kiro ata replicar bailes de Tik Tok, toda unha viaxe por Internet que navega sobre os contidos máis virales das últimas décadas.

DOSSIER


© Artyc Content S.L. Todos los derechos reservados. Powered by Indianwebs.
Ir al contenido